22 November 2010
Print
Written by ligaflash

Liga Reumatolóxica Galega

 

1 A Liga Reumatolóxica Galega é unha asociación sen ánimo de lucro formada por persoas con doenzas reumatolóxicas, familiares e profesionais, que traballan có obxectivo de ofrecer  apoio e asesoramento á persoa afectada por unha doenza reumatolóxica e ó seu entorno familiar.

 

2 Dende a súa formación no ano 1996, a súa actividade diríxese a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por calquera tipo de doenza reumática. A Liga Reumatolóxica Galega representa ó colectivo de persoas afectadas por esta doenza frente ás administracions e ante a sociedade, co gaio de sensibilizar ós poderes públicos, institucions da importancia de investigación sobre novos tratamentos para combatilas.

O feito de chamarse Liga no canto de Asociación, responde a que engloba as mais de 200 doenzas reumatolóxicas que existen.   

 

3 A Liga tamén é socia fundadora de CONFEPAR (Confederación Española de Pacientes Reumatológicos),  asociación que pretende agrupar os esforzos das asociacions de ámbito local e autonómico.

 

Entre os seus obxectivos, están:

 

·        Asesorar a persoas afectadas por doenzas reumatolóxicas e ás suas familias.

·        Concienciar á sociedade e á opinión pública da importancia de erradicar os falsos mitos a carón de este tipo de doenzas así como da importancia dun diagnóstico precoz.

·        Promover e organizar encontros, conferencias e congresos sobre enfermidades reumatolóxicas.

·        Divulgar o coñecemento sobre investigación, prevención, tratamento e profilaxis da doenza así como técnicas de rehabilitación das persoas afectadas.

 

Dende fai anos, a actividade da Liga Reumatolóxica Galega, aparte das especificadas anteriormente, está vinculada ós movementos culturais, sociais e deportivos, encamiñados a mellorar as relacions sociais e as actividades de ocio.

 

 

 

 

Hits: 21065