Previous
Next
Play
Details
Details

Proxecto LigaFlash

Liga Reumatolóxica Galega púxose en contacto con 13 fotógrafos galegos co obxectivo de que, cada un deles, dese a súa visión deste colectivo intentando dar maior relevancia á actividade diaria e non tanto á doenza en si mesma.

Os membros da Liga Reumatolóxica Galega serán os modelos que participarán nas sesións dos 13 profesionais que aceptaron este reto.

Este traballo rematará cunha mostra que percorrerá as principais localidades galegas, sairá nun circuito por España e viaxará tamén a Europa. Os obxectivos desta iniciativa son, fundamentalmente, os de dar unha maior visibilidade á Liga Reumatolóxica Galega e por extensión, a tódolos membros que a integran.

Fotógrafos que Colaboran no Proxecto

Anxo Rey

Daniel Candal

Daniel Fernández

Emilio Romanos

Gerardo G. Mourín

Isidro Cea

Juan Luís Rúa

Kike González

Marga P. Díaz

Marisela Somoza

Mercedes López

A Liga Reumatolóxica Galega

Liga Reumatolóxica Galega e unha asociación sen ánimo de lucro formada por persoas con doenzas reumatolóxicas, familiares e profesionais que traballa co obxectivo de ofrecer apoio e asesoramento á persoa afectada por unha doenza reumatolóxica e a todo o seu entorno familiar e social. 

cofinanciadores

Powered by Daniel Soto Vázquez (@dsotovazquez) @dsotovazquez